Actividades

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo, e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.

O proxecto articúlase en 4 eixos:

Actividade 1: Deseño do modelo conceptual e técnico do sistema de información para a xestión e difusión do patrimonio Cultural da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal  

A lei de Patrimonio Cultural de Galicia recoñece bens materiais e inmateriais e ademais establece diferentes perspectivas do seu interese cultural en relación aos seus valores histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontológico, etnográfico, científico, técnico, bibliográfico, documental. Dentro destas perspectivas, especialmente nas do patrimonio cultural material, existen diferentes clasificacións tipológicas. A plataforma de traballo cubrirá este amplo espectro de casuísticas e de forma racional e organizada sistematizarlas dunha forma coherente e que permita a aplicación dos diferentes réximes de protección que derivan da lei, así como das diferentes actividades e utilidades que queiran desenvolverse.

Desta forma existirá un sistema normalizado con múltiples referencias e elementos de relación internos que facilitarán a difusión e uso da información pero á súa vez serán a ferramenta sustentable para o seu desenvolvemento e aplicación a outras necesidades, desde a investigación ata o lecer pasando pola utilización como recurso de natureza económica ou social. O desenvolvemento permitirá o seu uso continuado e revisable por parte das administracións responsables do seu mantemento pero tamén a continua actualización como resultado da participación pública no proceso, e ademais permitirá unha coherencia na disposición da información en toda a Eurorrexión que permita que todos estes resultados sexan aplicables aos participantes na actividade e axentes que a usen con posterioridade. Tomando como punto de partida a experiencia da administración pública galega no ámbito da dispoñibilidade dun sistema de información xeográfico corporativo, preténdese unha homogeneización da infraestrutura de datos espaciais da Eurorrexión considerando a toponimia como elemento nuclear do patrimonio cultural para nunha segunda fase crear un catálogo con información geoespacial do patrimonio cultural da Eurorrexión.

  • Acción 1.1.- Definición do modelo conceptual do patrimonio cultural. 
  • Acción 1.2.- Deseño da infraestrutura de plataforma de información geoespacial para a xestión do patrimonio. 
  • Acción 1.3.- Avaliación do modelo e ferramentas deseñadas. 

Beneficiarios

A plataforma será unha ponte de comunicación e intercambio entre os suxeitos participantes implicados na toma de conciencia do valor do patrimonio:  

  • A nivel institucional, constátase a falta dun rexistro completo e accesible do patrimonio cultural. As institucións vinculadas obterán melloras nos procesos de coñecemento e comprensión do patrimonio para o seu coidado, transmisión e posta en valor. 
  • Os axentes socioeconómicos favoreceranse dun sistema integrado de información (recursos e territorio) que facilite o deseño das súas propostas de xestión. Ao ser unha ferramenta intercomunicada con institucións e cidadanía, os axentes manterán un contacto permanente coas achegas destes colectivos.
  • Para a cidadanía, son necesarios mecanismos como este que fomenten a educación patrimonial, estimulando a súa sensibilización, coñecemento, comprensión, posta en valor e respecto.

Entregables:

Actividade 2: Patrimonio material e inmaterial: normalización, geolocalización e difusión

O obxectivo desta actividade, concrétase na aplicación e verificación do modelo establecido na actividade 1 no ámbito do patrimonio material e inmaterial con dous casos de uso específicos:

  • A normalización, geolocalización e difusión da toponimia, como patrimonio inmaterial e como elemento nuclear da información xeográfica para a difusión do patrimonio.  
  • A normalización, geolocalización e difusión de bens inmobles que pertencen ao patrimonio cultural material achegando a información xeográfica para a protección dos seus valores culturais e a súa integración e uso nun sistema transversal de xestión dos bens culturais en tarefas de benestar e equilibrio social así como de desenvolvemento sustentable.

Da aplicación destes casos de uso, resultarán: elementos patrimoniais dixitalizados, xeorreferenciados; procedementos de traballo e ferramentas TIC implantados na administración pública galega, como procedementos comúns do desempeño da súa actividade; datos patrimoniais dispoñibles para outros axentes, en formato aberto e reutilizable. Concrétanse as seguintes accións:

  • Acción 2.1.- Elaboración do documento de metodoloxía específica de normalización, georreferenciación e difusión en base ao modelo establecido na actividade 1.
  • Acción 2.2.- Introdución de datos e georreferenciación. 
  • Acción 2.3.- Poranse en marcha medios para a xestión e difusión pública, xestión da información e medidas de difusión pública, integrando a información co visor da capa xeorreferenciada na plataforma corporativa e desenvolveranse os servizos tanto para o seu uso público como para orientar a participación continua dos interesados a través da metodoloxía establecida na actividade 4

Beneficiarios

  • Nas Administracións públicas (autonómicas, locais, ?):
    • Para o exercicio das súas funcións en relación co patrimonio e o territorio. 
    • No ámbito do turismo, para a posta en valor dos bens materiais e inmateriais que formar parte do patrimonio.
    • No mundo educativo, para a elaboración de unidades didácticas ou actividades, co obxecto de que os estudantes.
  • No mundo da investigación, especialmente universitaria, en relación con disciplinas como: a filoloxía, con novos métodos de análises do noso idioma a través da xeografía lingüística; os historiadores, arqueólogos, biólogos, ?, a través da toponima coñecendo a intrahistoria de cada aldea e os indicios que lle achegan os nomes.
  • A cidadanía en xeral, mediante a difusión e a súa participación activa.
  • Os contidos e experiencias poderán ser utilizados como referencia en proxectos ou iniciativa similares ou noutras administracións

Entregables:

Actividade 3: Patrimonio documental da Eurorrexión: Dixitalización e difusión

O obxectivo é reforzar a dixitalización do patrimonio documental colectivo transfronteirizo e a súa dispoñibilidade en repositorios online autonómicos, nacionais e europeos (como é o caso das redes Galiciana, Hispana e
Europeana) en formatos estables, fidedignos e permanentes, evitando riscos de perda e promovendo a difusión do patrimonio cultural de Galicia e Norte de Portugal a nivel internacional. Para iso considerarase como punto de partida o arquivo dixital integrado construído na Xunta de Galicia, en especial o seu sistema de recolección automatizada. Abordaranse as actividades de concreción dos criterios comúns de dixitalización e captación do patrimonio documental da Eurorrexión, a execución do proceso de dixitalización, e a integración e catalogación nos sistemas de descrición e preservación do patrimonio documental existentes, e estableceranse os mecanismos de recolección dos fondos dixitalizados e outros xa catalogados, e as canles de difusión. Configurarase así na canle única de acceso ao patrimonio documental da Eurorrexión.

En concreto as tarefas das que constará a presente actividade serían as seguintes:

  • Acción 3.1.- Elaboración da metodoloxía para a planificación e execución de proxectos e programas de dixitalización (análise de requisitos organizativos, funcionais e tecnolóxicos necesarios, criterios comúns de catalogación e dixitalización, perfil METS, plan de traballo).
  • Acción 3.2.- Dixitalización de patrimonio documental rexional transfronteirizo, carga nos arquivos patrimoniais dixitais dos socios participantes, para a súa posterior recolección e difusión conxunta como arquivo patrimonial da Eurorrexión.
  • Acción 3.3.- Desenvolvemento dos medios de difusión e participación do patrimonio documental dixitalizado e dispoñible nos repositorios da Eurorrexión.

Beneficiarios

  • Os arquivos e administracións cuxos fondos son dixitalizados.
  • As administracións rexionais e locais do ámbito territorial de intervención nos que se sitúen os arquivos patrimoniais seleccionados nas actividades piloto, que contarán cunha metodoloxía e medios para continuar co proceso. Grupos de investigación ou grupos de traballo no ámbito do patrimonio documental, ou nas temáticas vinculadas aos fondos dixitalizados.
  • A cidadanía en xeral, mediante a difusión e simplificación do acceso aos fondos patrimoniais. E mediante a participación nas técnicas que apliquen.
  • O patrimonio colectivo da Eurorrexión que aumenta a súa presenza na memoria colectiva e por tanto vese valorizado como elemento cultural, educativo e de interese.

Entregables:

Actividade 4: Participación social e innovación na xestión patrimonial

O obxectivo desta actividade é incluír a participación social como elemento transversal á execución do proxecto. Ao mesmo tempo trátase de xerar e experimentar, mediante diversas experiencias piloto de novos modelos de xestión e valorización do patrimonio, que aproveiten o deseño, procedementos e ferramenta establecidas nas actividades previas, como medio de fonte de datos e/ou xestión do patrimonio concreto a valorizar mediante as devanditas experiencias piloto. A presente actividade se subdivide por tanto nas seguintes accións:

  • Acción 4.1.- Elaboración e implentación dun plan de actuación para incluír a participación social nas actividades.
  • Acción 4.2.- Iniciativas piloto de innovación na xestión do patrimonio cultural.
  • Acción 4.3.- Informe de casos de uso e boas prácticas participativas e innovadoras para a valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión, como análise do resultado dos pilotos innovadores (acción 2), do resultado do plan de participación social, así como dos casos de uso do proxecto que demostren as formas ou de utilizar e valorizar o patrimonio a través de ferramentas TIC. 

Beneficiarios

  • Os socios do proxecto, dado que o plan de participación e experiencias innovadoras servirán tamén para convalidar e mellorar o deseño e ferramentas construídas.
  • As Administracións de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, que contarán con novos produtos turísticos innovadores e dinámicos vinculados ao patrimonio cultural que permita pór en valor o seu atractivo como destinos turísticos e atracción de visitantes e consecuente xeración de emprego e crecemento no sector.
  • As administracións locais do ámbito territorial de intervención nos que se sitúen os elementos patrimoniais seleccionados nas actividades piloto.
  • A poboación dos territorios do ámbito de intervención nos que se sitúen os elementos patrimoniais seleccionados para os pilotos.
  • Os visitantes aos elementos do patrimonio do ámbito de actuación dos pilotos, que contarán con ferramentas innovadoras e participativas para coñecer mellor devanditos elementos.

Entregables: 

Outros entregables:

Actividade 6: Comunicación

Entregables: