Proxecto Geoarpad

O proxecto

O proxecto Geoarpad, enmarcado na 1.ª convocatoria do programa operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia-Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de protección e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e mais da protección, o desenvolvemento e a promoción dos activos da cultura e do patrimonio públicos.

Obxectivo

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como elemento de desenvolvemento transfronteirizo mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico e impulsando a participación social en todo o proceso.

Eixos de articulación

O proxecto articúlase en 4 eixos:

  • Actividade 1: Deseño do modelo conceptual e técnico do sistema de información para a xestión e difusión do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • Actividade 2: Patrimonio material e inmaterial: normalización, xeolocalización e difusión.
  • Actividade 3: Patrimonio documental da Eurorrexión: dixitalización e difusión.
  • Actividade 4: Participación social e innovación na xestión patrimonial.

Resultados 

  • Sistema de información fundamentado nas TI para a xestión do patrimonio cultural, con vertente xeoespacial, participativo, accesible e interoperable.
  • Desenvolvemento do sistema en 3 casos de usos de Administracións públicas en distintas tipoloxías de patrimonio material e inmaterial, que se consolidarán como procedementos de traballo na Administración pública e como servizos ao cidadán.
  • Vinculación de máis de 5.000 axentes, representados por xestores do patrimonio públicos e privados, investigadores, cidadanía en xeral (incluíndo a visitantes), promovendo a súa participación activa e visión renovada sobre o patrimonio.
  • Xeración e experimentación de 4 experiencias piloto de modelos de xestión patrimonial innovadores.