O proxecto

O proxecto  Geoarpad, enmarcado na 1.ª convocatoria do programa operativo  EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia-Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de Protección e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e da protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e patrimonio públicos.

O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.

Datos de identificación do proxecto

  • Código do proxecto: 0358_ GEOAPARD_1_E
  • Título: Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: valoración e innovación
  • Convocatoria: Primeira
  • Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal
  • Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais
  • Obxectivo temático: 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos
  • Prioridade de investimento: 6. C: Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural
  • Obxectivo específico: 6. C. Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como soporte de base económica da rexión transfronteiriza
  • Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos
  • Estado de progreso do proxecto: En execución

Orzamento

  • Custo total do proxecto (indicativo): 3.637.964,18 € 
  • Financiamento con fondos FEDER aprobado: 2.728.473,17 €