Actualidade

23 Dec

A Xunta presenta 'Galicia Nomeada', unha plataforma de referencia na salvagarda e divulgación do tesouro toponímico

Imaxe da noticia
luns, 23 Decembro, 2019

Galicia Nomeada é unha plataforma web pioneira que favorece a salvagarda, a compilación e a divulgación do tesouro toponímico de Galicia. 

O proxecto, desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), ofrece tamén unha aplicación colaborativa que permite recoller a microtoponimia, rexistrala, xeorreferenciala e difundila desde o novo Portal de Toponimia de Galicia.

Este proxecto é unha iniciativa aberta á cidadanía, porque implica a toda a sociedade na labor de conservar, poñer en valor e recuperar unha parte tan importante do noso patrimonio, como é a toponimia. Desta forma, calquera persoa pode participar de forma activa e colaborar coas súas achegas para enriquecer máis as bases de datos. A través dunha interface sinxela e intuitiva, permite introducir e localizar microtopónimos de forma individual, aos que se lle pode engadir unha imaxe, arquivos de son e vídeo (formatos mp3 e mp4) e textos explicativos, como descricións, lendas asociadas, fontes, ligazóns... para favorecer, baixo supervisión dun equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da RAG que contrastará e verificará a súa existencia, achegas de gran valor informativo ao xa rico patrimonio toponímico do país e referencia para os traballos da Administración pública, a investigación, o sector empresarial e a sociedade en xeral.