Actualidade

20 Set

Xornada: Os documentos catastrais como fonte de información no marco do Proxecto de dixitalización Geoarpad e a súa difusión a través de Galiciana. Arquivo Dixital

Imaxe 1 da xornada
venres, 20 Setembro, 2019

A Dirección Xeral de Políticas Culturais, a través da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos organiza unha xornada de difusión do proceso de dixitalización dunha parte fundamental do patrimonio documental da Eurorrexión levado a cabo no marco da actividade 3 do Proxecto Geoarpad.

Co título Os documentos catastrais como fonte de información no marco do Proxecto de dixitalización Geoarpad e a súa difusión a través de Galiciana. Arquivo Dixital, o día 11 de outubro, no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia, un grupo de profesionais abordarán desde diversos puntos de vista a relevancia dos documentos catastrais tanto para a Administración como para a cidadanía, así como o valor da súa información para abordar calquera tipo de investigación histórica, sexa no ámbito da toponimia, a xeografía ou a evolución das estruturas económicas e sociais.

Os documentos dixitalizados, custodiados no Arquivo do Reino de Galicia, no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra estarán disponibles na plataforma Galiciana. Arquivo Dixital e través dela nos portais Galiciana. Patrimonio Cultural de Galicia , Hispana e Europeana.

Pódese consultar o programa e cubrir o formulario de inscrición a través do seguinte enlace:.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/os-documentos-catastrais-como-fonte-de-informacion-no-marco-do-proxecto-de-dixitalizacion