Actualidade

21 Mai

A UTAD organiza unha ruta guiada polo Camiño Portugués Interior de Santiago

Camiñada-coloquio polo Camiño Portugués Interior de Santiago
luns, 21 Maio, 2018

A actividade, gratuíta, enmárcase no proxecto de Geoarpad de valorización e innovación do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.  

A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) preparou para o 24 deste mes unha camiñada polo Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela, dende Vila Real ata Escariz, e mais un coloquio.

Este é o programa:

  • 08.45 h: encontro na Praça Camilo Castelo Branco (fronte á Câmara Municipal de Vila Real)
  • 09.00 h: saída da camiñada a pé con burros da Aepga de Miranda do Douro
  • 11.30 - 12.30 h: chegada a Escariz e celebración do coloquio entre os participantes no local Mão do Homem (Parque de Merendas)
  • 12.30 h: xantar
  • 13.30 h: regreso a pé a Vila Real polo Camiño de Fátima

A ruta estará guiada por persoal docente e investigador da UTAD.

Máis información
Prof. Dr. Xerardo Pereiro (UTAD- CETRAD)
xperez@utad.pt