Actualidade

06 Nov

Simposio Antonio Fraguas

Imaxe da noticia
mércores, 6 Novembro, 2019

Antonio Fraguas (Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2019. Con este motivo, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Antonio Fraguas organizan o Simposio Antonio Fraguas, que terá lugar na Coruña e Santiago de Compostela os días 26, 27 e 28 de novembro de 2019. O simposio ábrese na sede da Real Academia Galega cunha sesión inaugural centrada na análise da figura de Antonio Fraguas na cultura galega e na presenza de seres máxicos e do territorio e da paisaxe na súa obra. A xornada rematará cun concerto no que Oscar Ibáñez interpretará o Cancioneiro de Cotobade. O Museo do Pobo Galego acollerá as sesións dos días 27 e 28 de novembro nas que máis dunha ducia de especialistas abordarán o legado de Antonio Fraguas nos ámbitos da xeografía, arqueoloxía, etnografía e folclore.

PROGRAMA

26 DE NOVEMBRO
SEDE: REAL ACADEMIA GALEGA

19:00 horas Inauguración

19:15 horas Sesión de relatorios: Antonio Fraguas na cultura galega

20:15 horas Concerto: Cancioneiro de Cotobade Oscar Ibáñez