Actualidade

14 Mai

A revista "Cuadernos de Turismo" divulga un estudo sobre o Camiño Portugués Interior

Mapa do CPIS
martes, 14 Maio, 2019

Abórdase a relación entre turismo e peregrinación a partir dun traballo de campo antropolóxico.

O último número da revista Cuadernos de Turismo, editada pola Universidade de Murcia e dirixida á comunidade universitaria, a organismos nacionais e internacionais e a profesionais do sector, inclúe o artigo "Turismo y peregrinación, dos caras de la misma moneda: el Camino Portugués Interior de Santiago de Compostela", da autoría de Xerardo Pereiro, antropólogo sociocultural da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e coordinador do proxecto de Geoarpad sobre o CPIS.

O estudo aproxímase á relación entre o turismo e a peregrinación a partir da interpretación que os turiperegrinos do Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela dan á súa experiencia. Con base nun traballo de campo antropolóxico desenvolvido desde setembro do ano 2015, analízase o proceso recente de activación patrimonial e turística dun novo roteiro dos camiños de Santiago, o consumo turístico deste roteiro como expresión de novos valores contemporáneos e a configuración de novas identidades turiperegrinas postseculares que non se poden clasificar ou interpretar de forma simplista como turismo relixioso.

O estudo en castelán / O estudo en inglés