Actualidade

10 Dec

Publícase "Usos e desusos das Terras de Tourém", a obra gañadora do XXII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

Portada do libro
luns, 10 Decembro, 2018

A súa presentación terá lugar este xoves 13 na Escola de Ciencias Humanas e Sociais da UTAD (Vila Real, Portugal).

O acto dará comezo ás 11.00 h na Escola de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) cunha sesión inaugural a cargo do presidente da Escola, Manuel Luís Tibério; o director do Centro de Estudos Transdisciplinares para o Desenvolvimento (CETRAD), Timothy Koehnen; o presidente da Fundación Vicente Risco, Luís Risco; e o director da Licenciatura en Turismo da UTAD, Xerardo Pereiro.

Seguidamente, o investigador e profesor da Universidade Federal do Oeste do Pará (Brasil), Diego Amoedo, falará do libro Usos e desusos das Terras de Tourém. Transformações socioterritoriais numa aldeia rural fronteiriça do Norte de Portugal com a Galiza, a obra coa que se alzou co Premio Vicente Risco de 2017. Acompañarano no coloquio Octávio Sacramento, Maria Teresa Manfredo, Lívia Madureira e Alberto Baptista, integrantes do CETRAD.

O Premio Vicente Risco pon en valor as investigacións inéditas referentes a Galicia e o norte de Portugal dende o punto de vista das ciencias sociais e está dotado cun premio en metálico e coa publicación da obra gañadora.