Actualidade

17 Out

Presentado o proxecto Geoarpad no XVI Coloquio de Xeografía do Turismo, Lecer e Recreación de León

Vista da presentación de Yamilé
mércores, 17 Outubro, 2018

O obxectivo desta presentación foi dar a coñecer os avances de Geoarpad ante persoal investigador doutras universidades españolas.

Membros do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participaron no XVI Coloquio de Xeografía do Turismo, Lecer e Recreación, organizado pola Asociación de Xeógrafos Españois en León durante os días 27 e 28 de setembro.

No marco deste encontro, Yamilé Pérez Guilarte presentou a comunicación titulada “Geoarpad, una iniciativa de gestión del patrimonio cultural para la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal”. Este traballo foi elaborado conxuntamente con Iago Lestegás e Francisco Armas coa intención de difundir os obxectivos e avances do proxecto Geoarpad diante doutros/as investigadores/as de universidades españolas implicados/as na xestión do turismo.