Actualidade

22 Xuñ

Presentación de resultados do proxecto Piloto 2 no Congreso Internacional New Metropolitan Perspectives 2020

Imaxe da noticia
luns, 22 Xuño, 2020

Lucrezia López e Yamilé Pérez, membros do equipo de investigación do proxecto GEOARPAD da USC, presentaron o traballo “Cultural Tourism and Heritage Education in the Portuguese Way of St. James” no IV Simposio Internacional New Metropolitan Perspectives 2020, celebrado do 26 ao 28 de maio en modalidade non presencial.

A presentación realizada recolle parte das propostas realizadas no marco do proxecto piloto 2 “Camiño de Santiago na área transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal”. O punto de partida desta investigación é a análise territorial do patrimonio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 

O traballo introduce formas de comunicación do patrimonio baseadas en estratexias de xestión participativa para promover novas formas de turismo cultural e educación patrimonial.