Actualidade

24 Xuñ

Presentación de resultados da normalización, xeorreferenciación e difusión do patrimonio material da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no congreso internacional da ACUDIT

Imaxe da noticia
luns, 24 Xuño, 2019

Yamilé Pérez, investigadora do grupo de Análise Territorial (ANTE) e membro do equipo de traballo do proxecto GEOARPAD, presentou na 6th International Conference “Cultural and tourism innovation: integration and digital transition” o traballo  “Heritage Information System to Promote Cultural Tourism and the Use of Digital Mapping in Primary and Secondary School”.               

O congreso,  organizado pola International Association of Cultural and Digital Tourism (ACUDIT), foi celebrado do 12 ao 15 de xuño en Atenas. A presentación realizada por Yamilé mostra parte dos resultados obtidos do traballo de normalización, xeorreferenciación e difusión dos bens do patrimonio material, no marco da actividade 2. En concreto, presentouse a aplicación web deseñada para visualizar e difundir os bens patrimoniais de Galicia e o Norte de Portugal. Igualmente, mostrouse unha primeira versión do Atlas do Patrimonio da Eurorrexión, que ofrece un maior coñecemento do patrimonio e as realidades socio-culturais da Eurorrexión. O Atlas mostra as posibilidades para promover accións de desenvolvemento territorial e cooperación, así como o seu uso no ámbito educativo.