Actualidade

22 Mar

O Camiño Portugués Interior de Santiago, a debate na UTAD

venres, 22 Marzo, 2019

A xornada serviu para presentar e comentar os resultados desta área de traballo do proxecto Geoarpad.

A Escola de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) acolleu en xaneiro un encontro científico sobre as potencialidades turísticas, culturais e económicas do Camiño Portugués Interior de Santiago. Especialistas desta Universidade debateron acerca das estratexias de mellora da experiencia do Camiño tanto para as persoas que o percorren coma para a poboación das localidades que atravesa. O traballo realizado nesta área ata agora xa deu resultados coma o desenvolvemento dun sistema de información xeográfica para os/as peregrinos/as que lles permite planificar as etapas da súa viaxe.

Reportaxe do encontro en UTAD TV