Actualidade

10 Xul

Nova ruta guiada da UTAD de Vila Real a Escariz e visita a Bisalhães

Cartel da camiñada
martes, 10 Xullo, 2018

A actividade, gratuíta, enmárcase no proxecto de Geoarpad de valorización e innovación do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) preparou para o día 16 deste mes unha nova ruta a pé polo Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela, dende Vila Real ata Escariz, así como unha visita de estudo a Bisalhães, lugar de produción de cerámica negra.

Este é o programa:

8.30 h: encontro na praza Camilo Castelo Branco (fronte á Câmara Municipal de Vila Real)
9.00 h: inicio da camiñada, guiada por Carlos Gomes e Xerardo Pereiro (Cetrad)
11.30 h: chegada a Escariz
12.30 h: xantar en Mão do Homem
14.00 h: visita de estudo a Bisalhães (en autobús), guiada por Edgar Bernardo e Gonçalo Mota (Cetrad)

Máis información
Prof. Dr. Xerardo Pereiro (Cetrad, UTAD)
xperez@utad.pt