Actualidade

15 Xul

Libro "Festas con representacións de mouros e cristiáns en Galicia e terras do noroeste veciñais"

Imaxe da portada do libro
luns, 15 Xullo, 2019

O tema das representacións de mouros e cristiáns na Península Ibérica e América foi amplamente investigado. Non obstante, faltaba un estudo de conxunto destas manifestacións en Galicia e terras veciñas de Portugal, Asturias e León, malia as achegas pioneiras en Galicia de investigadores como Xesús Taboada Chivite ou Vicente Risco.  E  ese baleiro foi cuberto polo etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo mediante o presente libro. A obra ten interese para os etnógrafos/folcloristas, historiadores e especialistas en teatro popular, mais tamén para o público en xeral que desexe coñecer estas formas de cultura ou as representacións propias da súa comarca, concello ou lugar.

Principais concellos, lugares e comarcas presentes na obra: A) Galicia: LAZA (Laza,Trez, Retorta), SAN XOÁN DE RÍO (Mouruás), RAIRIZ DE VEIGA (A Saínza), A CAÑIZA (A Franqueira), MONDARIZ (Mouriscados), SANTIAGO DE COMPOSTELA, BETANZOS, VILAXOÁN, VILAGARCÍA DE AROUSA (Carril),- B) Norte de Portugal: PENAFIEL, VALONGO (Sobrado), VIANA DO CASTELO (As Neves, Portela Sus~a), PONTE DE LIMA (Ribeira), BARCELOS (Palme), VIMIOSO (Argozelo).- c) Asturias, León e Zamora: PRAVIA, SALAS, COMARCA DA CABREIRA, LOBEZNOS. Ademais, no libro poden atoparse coincidencias con textos de Cuenca, Teruel ou Valencia, e semellanzas formais con Andalucía oriental.
 
PEDIDOS: Edicións Fervenza. Rúa Santa Eulalia, 18-Baixo. 36540-Silleda (Pontevedra).
                  Telf. 986581304 /626731454
                   e.mail:  edicionsfervenza@gmail.com