Actualidade

02 Dec

"Levous’aa alva, levous’a velida"

luns, 2 Decembro, 2019

Levous’aa alva, levous’a velida, de Pero Meogo, é unha das cantigas de amigo máis célebres da nosa lírica. Cargada de simbolismo e suxestividade, esta peza constitúe o eixo argumental dun videolyric que combina a representación plástica dos tópicos recollidos na composición coa interpretación musical desta e a inscrición intradiexética da súa letra nas imaxes, a través dunha combinatoria escenográfica multicapa desenvolvida en plató virtual entre elementos 3D CGI (virtuais de síntese) e un personaxe do mundo “real” que transcende a súa contorna física cara á fantástica da cantiga.