Actualidade

24 Feb

Dispoñible a web do recurso Patrimonio léxico da Gallaecia

Imaxe dá noticia
luns, 24 Febreiro, 2020

O equipo do proxecto piloto 4. Patrimonio léxico da Gallaecia, dirixido por Rosario Álvarez e María Álvarez de la Granja do Instituto da Lingua Galega, dispoñibiliza a web do recurso Patrimonio léxico da Gallaecia (http://ilg.usc.gal/plg/).

Este recurso ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro do territorio orixinario das linguas galega e portuguesa. A tal fin, ofrece a información recadada a través dun atlas que permite observar a distribución de variantes denominativas correspondentes a unha selección de conceptos.

A área considerada está constituída polos concellos galegos e portugueses que forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e por municipios estremeiros galegófonos de Asturias e Castela e León.

Os datos proceden de diferentes traballos que recollen léxico dialectal galego e portugués: dicionarios e pequenos vocabularios, atlas lingüísticos, obras de carácter etnográfico, traballos académicos, recolleitas léxicas realizadas en centros educativos etc. Son todas elas obras que recompilan información proporcionada por falantes autóctonos, obtida en traballos de campo e con referenciación xeográfica.