Actualidade

05 Ago

Deseño dunha Aplicación Web para o Sistema de Información Patrimonial

luns, 5 Agosto, 2019

Para a difusión da información cartográfica harmonizada e xeorreferenciada o equipo de traballo da USC deseñou unha aplicación web que permite coñecer a localización e visualizar a información recompilada dos bens inmobles de Galicia e o norte de Portugal (https://tec.citius.usc.es/geoarpad/bootleaf-master/). A aplicación permite acceder á seguinte información relativa aos bens inmobles da Eurorrexión: código de identificación, nome, municipio, parroquia, natureza, grao de protección, categoría, disposición, publicación, coordenadas, descrición, bibliografía, fotos, documentos. Ademais, conta cunha sección de uso restrinxido só para os xestores do patrimonio, quen poderá subir material pertencente aos expedientes de declaración dos bens, facilitando o labor de xestión do patrimonio.