Actualidade

17 Dec

Convocatoria do XXIV Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

Imaxe da noticia
martes, 17 Decembro, 2019

Cos obxectivo de honrar a memoria de Vicente Risco, axudar á consolidación da cultura e a fortalecer as relacións de Galiza con Portugal, preséntanse as bases para participar na XXIV edición do premio Vicente Risco, cun valor antes de impostos de 4.000 €, de acordo ás seguintes cláusulas:  

  • Poderá participar no premio calquera persoa que presente os seus textos en lingua galega ou en lingua portuguesa.
  • Os textos presentados deben ser inéditos e abordar investigacións referentes á Galiza e/ou ao Norte de Portugal. 
  • Extensión mínima de 150 páxinas e máxima de 300, tamaño DIN-A4 e escritos a dobre espazo en letra Arial 12.
  • Data límite para presentar os traballos: 31 de xaneiro de 2020.
  • Os textos deberán ser submetidos en suporte dixital e remitidos a premiocienciassociais@fundacionvicenterisco.co

 

Consulta as bases premendo aquí