Actualidade

17 Out

Convocado o XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

mércores, 17 Outubro, 2018

Este galardón serve para honrar a memoria do escritor e político ourensán e fortalecer as relacións de Galicia con Portugal.

Os concellos de Allariz e Castro Caldelas, a Fundación Vicente Risco e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), representada polo Centro de Estudos Transdisciplinares para o Desenvolvimento (CETRAD), presentaron as bases da convocatoria de 2018 do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, dotado con 4.000 euros e a publicación da obra vencedora.

Os textos deben ser inéditos e teñen que abordar investigacións referentes a Galicia e o norte de Portugal dende o punto de vista das ciencias sociais (antropoloxía, socioloxía, historia, linguística, xeografía, economía, turismo...). A data límite de entrega é o 30 de outubro.