Actualidade

27 Xul

Co coloquio "O Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela" inaugurouse en Melide a exposición homónima

Participantes no coloquio “O Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela”
venres, 27 Xullo, 2018

A casa da cultura de Melide acolleu un coloquio e a posterior inauguración da exposición "O Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela", un traballo que forma parte de Geoarpad.

No coloquio participaron: Dalia García, alcaldesa de Melide; Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo; Ana Rita Dias, vicepresidenta da Cámara Municipal de Vila Pouca de Aguiar (Portugal) e fundadora da Federação Portuguesa dos Caminhos de Santiago;  Alberto Baptista, pro-reitor para os Proxectos Estruturais da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e Xerardo Pereiro coordinador e investigador do Centro de Estudos Transdisciplinares para o Desenvolvemento (CETRAD) da UTAD.

O acto foi presentado polo profesor melidense do CETRAD e a Universidad Internacional de La Rioja (UNIR), Santiago Prado.