
27 Mai
App turística da cultura trovadoresca

O obxectivo da aplicación turística é proporcionar unha ferramenta software multiplataforma, tanto para poder usar en computadores (sistema operativo Windows) como en dispositivos móbiles (sistema operativo Android), que permita a promoción turística dos roteiros e puntos de interese relacionados coa cultura trovadoresca nos que se centra o Piloto 1 do proxecto GEOARPAD.
A aplicación permite dunha forma interactiva visualizar unha serie de elementos significativos BICs (Bens de Interese Cultural), permitindo o acceso dunha forma sinxela a:
- Visualización interactiva dos roteiros e os puntos de interese (POI) xeorreferenciados sobre un mapa.
- Galería de imaxes interactiva de cada un dos elementos: igrexas, pazos, mosteiros, etc.
- Tour virtual interactivo baseado en imaxes 360.
- Visualización interactiva de modelos 3D de elementos relevantes.
- Música específica relacionada co contido da aplicación.
- Acceso a información, tanto dos elementos do patrimonio, como dos elementos turísticos asociados.
A aplicación turística pode ser descargada a partir das seguintes ligazóns:
[Android] Visualizador 3D
https://tec.citius.usc.es/geoarpad/geoarpad/3D Viewer.apk
[Android] Aplicación principal
https://tec.citius.usc.es/geoarpad/geoarpad/Geoarpad.apk
[Android] Tour 360
https://tec.citius.usc.es/geoarpad/geoarpad/Tour 360.apk
[PC] Visualizador 3D
https://tec.citius.usc.es/geoarpad/geoarpad/3D Viewer.zip
[PC] Apliación principal
https://tec.citius.usc.es/geoarpad/geoarpad/Geoarpad.zip
[PC] Tour 360
https://tec.citius.usc.es/geoarpad/geoarpad/Tour 360.zip