Acción 4.2.- Iniciativas piloto de innovación na xestión do patrimonio cultural

PROXECTOS PILOTO

Informe preparación de Pilotos 
Informe preparación do Piloto II "Camiño Portugués pola Costa"
Informe preparación do Piloto IV "Patrimonio Léxico da Gallaecia"

Proxecto piloto 1. Cultura  Trovadoresca / Ciscertium  Experientia

Baséase en dous polos esenciais: a Ruta do Císter e a cultura trobadoresca na Eurorrexión. Todo o proxecto terá un itinerario baseado nas pegadas da orde  monástica como fío condutor e estará contextualizado polos produtos derivados do mundo trobadoresco (textos, música, miniaturas…). Con iso preténdese poñer en valor e protexer o legado patrimonial (material ou inmaterial) xerado por ambos os dous fenómenos durante os séculos XII-XIV nas dúas beiras do río Miño. O seu carácter innovador vén determinado.

            Aplicación na que estean dixitalizadas as fontes de información para o estudo da cultura e do patrimonio trovadoresco 
            App turística específica cos recursos máis relevantes de Galicia e o norte de Portugal vinculados ao fenómeno trovadoresco
            Marco para a implementación dun produto turístico cultural que poña en valor os activos do fenómeno trovadoresco 

Proxecto piloto 2. Camiño de Santiago na área transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

Centrado nas manifestacións do patrimonio intanxible do Camiño de Santiago (representación simbólica da cultura, ritos, prácticas, crenzas etc.) e a súa relación co comportamento do turista cultural nesta rexión, ten como obxectivo investigar os procesos de patrimonialización e turistificación do Camiño Portugués Interior de Santiago.

            Presentación do proxecto
            Resultados potenciais
            Publicación Antropologia e Turismo: teorias, métodos e praxis
            Publicación Patrimonio cultural xacobeo, turismo e peregrinación: O Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela

            Plan de investigación e catalogación dos elementos intanxibles do Camiño na rexión transfronteriza vinculados ao turismo cutlural
            Informe das características do turista cultural e das prácticas culturais (con ou sie tradición histórica) vinculadas ao Camiño
            Propostas de novos proxectos turísticos para a posta en valor do patrimonio intanxible do Camiño na área transfronteriza 

Proxecto piloto 3. Patrimonios Silenciados, Patrimonios Silenciosos

Subproxecto focalizado na análise e posta en valor de distintas prácticas culturais, restos materiais, lendas e outras evidencias relevantes para a identidade e o patrimonio cultural da Eurorrexión, que foron acaladas ou descartadas por vincularse tradicionalmente á vida cotiá, ao mundo feminino, á ilegalidade, á migración ou a outros motivos de segregación.     

            Plan de actuación do Proxecto piloto
            Mapa de patrimonios silenciosos/silenciados de Galicia/Norte de Portugal
            Ferramenta metodolóxica e interactiva para centros educativos accesible a través da plataforma tecnolóxica    

Proxecto piloto 4. Patrimonio léxico da Gallaecia

Combina de forma innovadora o patrimonio léxico co patrimonio cultural nas súas diversas manifestacións a través da compilación nunha base de datos do léxico herdado e transmitido na Eurorrexión, recollido por colectores de diversa formación e extraído de boca dos falantes.

            Plan de actuación do Proxecto piloto (Patrimonio léxico Gallaecia)                            
            Base de datos do léxico de Gallaecia