Acción 2.1.- Elaboración do documento de metodoloxía específica de normalización, xeorreferenciación e difusión

Neste documento estableceranse os principios básicos do proxecto, e os mecanismos (procedementais e tecnolóxicos) para sustentabilidade e continuidade da actividade, co obxectivo de garantir a cobertura do territorio galego, así como a súa posible extensión á Eurorrexión, máis aló do tempo de execución do proxecto. Así mesmo, estableceranse os mecanismos de acceso e utilización dos contidos xerados mediante esta metodoloxía. Para a súa elaboración constituiranse dous grupos de traballo no que ademais dos socios participantes neste proxecto participen outras entidades. No caso da Toponimia participará directamente a Real Academia de Galicia, coa que se establecerán os mecanismos necesarios de colaboración e o documento resultante deste traballo trasladarase á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

Pode visualizar o documento "Metodoloxía de normalización, xeorreferenciación e difusión dos bens patrimoniais inmobles" premendo aquí.