Actualidade

13 Mai

Aberta a inscrición na Camiñada Circular Vila Real-Relvas

Cartel
luns, 13 Maio, 2019

Terá lugar o 18 de maio e inclúe geocaching.

O alumnado de terceiro da licenciatura de Turismo da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) organizou para a mañá do 18 de maio a Camiñada Circular Vila Real-Relvas co obxectivo de promover o Camiño Portugués Interior de Santiago de Compostela.

Parte do percorrido está formulado con geocaching, o que lles permitirá ás persoas participantes descubrir cos seus smartphones os geocaches ou "tesouros" agochados polos/as estudantes nas proximidades do patrimonio cultural da ruta.

A inscrición é gratuíta.